Surfeiros muniqueses

13 Agosto, 2010 (23:55) | Imaxes, Múnic |

Aqui a tendes. Unha imaxe para que os incrédulos miren cos seus propios ollos como o surf (de río) é un deporte urbano máis nesta cidade. Practícase nesta canle do Englischer Garten. E máis coas enchentes das chuvas deste verán, que baixan os ríos botando por fóra e enlamados.

A final

12 Xullo, 2010 (16:49) | Múnic |

Pois non podería ser doutra maneira. A final de España contra Holanda hóuboa que ir mirar. O plan orixinario era ir ao Public View. Lendo así por riba da páxina web de Olympiapark parecía que abrían o estadio para que a xente mirase o partido nas súas grades a través dunha macro-mega-pantalla-xigante. Non soaba mal […]

A toluxe do Englischer Garten

19 Xuño, 2010 (22:25) | Imaxes, Múnic |

A cidade de Múnic presume de ter parques por toda a parte. E son bastante presumidos os habitantes da cidade pero con certeza é que non lles faltan motivos. Eu, nesta paréntese da miña vida, son un giri en Múnic pero a cidade da miña vida é Compostela. Agora añóroa e a amo a distancia. […]

Cidade xardín

22 Marzo, 2010 (19:42) | Múnic |

Eu creo que é un tópico de cada cidade cun pouco de autoestima o se reclamar a si mesma a categoría de cidade xardín. Lembro a historia pouco entretida e fachendosa do guía turístico en Gran Canaria, tamén en Praga e non sigo porque todas as cidades teñen a súa tentativa. De feito en Vigo […]