A final

12 Xullo, 2010 (16:49) | Múnic |

Pois non podería ser doutra maneira. A final de España contra Holanda hóuboa que ir mirar. O plan orixinario era ir ao Public View. Lendo así por riba da páxina web de Olympiapark parecía que abrían o estadio para que a xente mirase o partido nas súas grades a través dunha macro-mega-pantalla-xigante. Non soaba mal […]

A toluxe do Englischer Garten

19 Xuño, 2010 (22:25) | Imaxes, Múnic |

A cidade de Múnic presume de ter parques por toda a parte. E son bastante presumidos os habitantes da cidade pero con certeza é que non lles faltan motivos. Eu, nesta paréntese da miña vida, son un giri en Múnic pero a cidade da miña vida é Compostela. Agora añóroa e a amo a distancia. […]

Unha ponliña de florida xesta

31 Maio, 2010 (10:27) | Múnic |

Unha das cousas que mais morriñento me volven desde que cheguei a aquí son as diversas flores humildes e silvestres do noso país. Esas que aquí non asoman por parte ningunha. Case teño morriña até dos orcalitos con tanta árbore caducifolia por estes lares. Pero para min as miñas preferidas son aquelas que se atopan […]

Cidade xardín

22 Marzo, 2010 (19:42) | Múnic |

Eu creo que é un tópico de cada cidade cun pouco de autoestima o se reclamar a si mesma a categoría de cidade xardín. Lembro a historia pouco entretida e fachendosa do guía turístico en Gran Canaria, tamén en Praga e non sigo porque todas as cidades teñen a súa tentativa. De feito en Vigo […]