para comezar as exploracións do mundo

20 Agosto, 2010 (11:35) | Imaxes, Múnic |

Cando unha persoa con ansias de ver mundo chega a un novo punto ten que estabelecer un novo punto de referencia segura sobre o que cartografar no seu cerebro os seus novos descubrimentos e que lle permitan non volver a descubrilos un par de días despois. Que se saiba onde están e como chegar. Parece […]

Surfeiros muniqueses

13 Agosto, 2010 (23:55) | Imaxes, Múnic |

Aqui a tendes. Unha imaxe para que os incrédulos miren cos seus propios ollos como o surf (de río) é un deporte urbano máis nesta cidade. Practícase nesta canle do Englischer Garten. E máis coas enchentes das chuvas deste verán, que baixan os ríos botando por fóra e enlamados.

Breve apuntamento tecnolóxico

7 Agosto, 2010 (11:29) | Múnic |

Despois duns meses en Baviera, non podo deixar de admirarme da súa superioridade de medios e tecnoloxías. Alén do metro, tema máis que tocado neste espazo, é algo sorprendente ver aos nenos de papá facendo o monas polas rúas do centro da cidade nos seus porches, audis e ferraris. Esa é unha das pequenas diferenzas […]

Curiosidade na biblioteca de romanisticas

29 Xullo, 2010 (20:51) | Múnic |

Pois si, hoxe non vou falar da miña quase-litúrxica visita ao dicionario xerais, na sección de variedades do portugués. Tamén non teño unha grande historia a compartir. Só algo que me chamou a atención e quería deixar por escrito. Esta semana fun varios días pola tarde á biblioteca de romanísticas da universidade de Múnic. Coa […]

A vida do inmigrante

27 Xullo, 2010 (23:46) | Múnic |

Pois si que estamos bos. Eu cheguei a este país pensando en ser un giri de ollos abertos e sorrires perennes. Nalgún momento pensei que sería como un Erasmus que vén estudar o alemán. En realidade e despois dun tempo de relax descubrín que son un inmigrante. Aínda ben que malia ao lio da miña […]

Cando te sintes como un extraterrestre abducido

23 Xullo, 2010 (16:48) | Múnic |

Ok, a miña experiencia universitaria en Múnic consistiu na asistencia a un par de palestras, a por un par de anuncios para tándem, asistir a un filme en portugués xunto aos alumnos das materias de portugués do Brasil e en pasar algúns días na biblioteca de romanísticas. Con algún que outro momento friki de adoración […]

A toluxe do Englischer Garten

19 Xuño, 2010 (22:25) | Imaxes, Múnic |

A cidade de Múnic presume de ter parques por toda a parte. E son bastante presumidos os habitantes da cidade pero con certeza é que non lles faltan motivos. Eu, nesta paréntese da miña vida, son un giri en Múnic pero a cidade da miña vida é Compostela. Agora añóroa e a amo a distancia. […]

A rotina fáiseme familiar xa na cidade

8 Xuño, 2010 (19:19) | Múnic |

Cando sae o sol nesta cidade, e en todas, todo é ledicia e ruidoso movemento no ambiente. Nesta cidade que é toda chaira e ten apenas catro costas saen longas pernas brancas de muller a pedalear na loureza extrema do mediodía. As xa afamadas e teutoas chinelas fanse acompañar non poucas veces de medias, ás […]

Cidade xardín

22 Marzo, 2010 (19:42) | Múnic |

Eu creo que é un tópico de cada cidade cun pouco de autoestima o se reclamar a si mesma a categoría de cidade xardín. Lembro a historia pouco entretida e fachendosa do guía turístico en Gran Canaria, tamén en Praga e non sigo porque todas as cidades teñen a súa tentativa. De feito en Vigo […]

A carallada nocturna

20 Marzo, 2010 (11:43) | Múnic |

Explicáballes ás amigas coas que saín onte á noite que a sensación de ir de carallada en München é mui diferente á que teñen os estranxeiros cando van de carallada en Compostela e realmente é xusto o oposto. Para min o paraíso é o mes de xullo en Compostela, non ten outra forma. E realmente […]