E ollo cos tópicos

6 Outubro, 2010 (12:21) | Sen clasificar |

O meu consello: por moito que creas nos tópicos non tes porque ir por aí pregoándoos. Os tópicos, ou estereotipos, son aqueles coñecementos que máis se parecen a lercheo dentro do que consideramos sabedoría humana. Onte mentres saía dun deses bares da perdición que temos no mundo unha amiga parou a falar cunha fermosa rubia. […]

estratexias de acoso e derribo na noite muniquesa

21 Agosto, 2010 (16:39) | Múnic |

Non é que eu as aplique, estou superfeliz na miña asexualidade de giri, pero os ollos aínda non me caeron da cara e malia á calor, a noitebreguidade, e algunha que outra beberaxe que me deron a probar xa é por varias noites que mirei como se move o tema acoso e derribo na católica […]

Breve apuntamento de acoso e derribo a entidades intelixentes con capacidade de decisión en Baviera (posiblemente extrapolable ao resto de Alemaña)

13 Xullo, 2010 (20:33) | Sen clasificar |

Este post vai ser totalmente excepcional pola súa brevidade. Case vai ser máis longo o título que o contido. Vai! Pois iso, se algún día estades interesados en adentrarvos dunha maneira persoal na vida dun/ha bávaro/a seguide este meu consello: A xente aquí non pide permiso aos pais para sacar aos fillos ao cinema, polo […]

A asiatización dos alemáns

26 Abril, 2010 (15:24) | Múnic |

Desde que cheguei a maior parte do trato que teño é con xente que vive na Alemaña pero non son alemáns. Algo ao que un aborixe galego en Compostela non está de todo afeito. Paseo con giris coma min e os alemáns asoman ocasionalmente nas nosas vidas. Non somos alemáns e ás veces parecemos astronautas […]