estratexias de acoso e derribo na noite muniquesa

21 Agosto, 2010 (16:39) | Múnic |

Non é que eu as aplique, estou superfeliz na miña asexualidade de giri, pero os ollos aínda non me caeron da cara e malia á calor, a noitebreguidade, e algunha que outra beberaxe que me deron a probar xa é por varias noites que mirei como se move o tema acoso e derribo na católica […]

O España – Alemaña

10 Xullo, 2010 (13:16) | Sen clasificar |

Pois por coñitas da vida andábavos eu por terras patrias, isto é da Galiza, cando foi o morboso España – Alemaña. Recoñezo que a min o fútbol dame bastante igual. Nesta ocasión tiven a posibilidade de contemplar o ambiente futboleiro na Galiza e en Baviera e hei de dicir que aínda que as bandeiras españolas […]

A toluxe do Englischer Garten

19 Xuño, 2010 (22:25) | Imaxes, Múnic |

A cidade de Múnic presume de ter parques por toda a parte. E son bastante presumidos os habitantes da cidade pero con certeza é que non lles faltan motivos. Eu, nesta paréntese da miña vida, son un giri en Múnic pero a cidade da miña vida é Compostela. Agora añóroa e a amo a distancia. […]

A noite da ascensión

13 Maio, 2010 (16:17) | Múnic |

Otero Pedrayo definira nalgún punto da súa extensa prosa o día da Ascensión na cidade de Compostela como aquelas misas alegres de primavera. Nunha rápida pincelada sobre a vida santiaguesa que tanto el coma min gostabamos. As festas máis tradicionais de Compostela son a Ascensión e o Día da Patria Galega con cadansúa gornición de […]

O metro, as multitudes e desafíos á lei da impenetrabilidade dos corpos

21 Abril, 2010 (22:02) | Múnic |

Sábado en München.  Os aeroportos están fechados polo anecdótico ataque de hiperprotección dos avións que lle deu ás autoridades competentes e obrigaron a que todos aqueles intelectuais que tiñan pensado pasar a finde en Mallorca teñan que quedar en Múnic.  Marabilloso día de sol  e dúas actividades captan a atención do público en xeral:  A […]

A carallada nocturna

20 Marzo, 2010 (11:43) | Múnic |

Explicáballes ás amigas coas que saín onte á noite que a sensación de ir de carallada en München é mui diferente á que teñen os estranxeiros cando van de carallada en Compostela e realmente é xusto o oposto. Para min o paraíso é o mes de xullo en Compostela, non ten outra forma. E realmente […]