A toluxe do Englischer Garten

19 Xuño, 2010 (22:25) | Imaxes, Múnic |

A cidade de Múnic presume de ter parques por toda a parte. E son bastante presumidos os habitantes da cidade pero con certeza é que non lles faltan motivos. Eu, nesta paréntese da miña vida, son un giri en Múnic pero a cidade da miña vida é Compostela. Agora añóroa e a amo a distancia. […]

Tou mallao

18 Xuño, 2010 (00:26) | Sen clasificar |

Conseguir traballo en Múnic cando o teu alemán é como unha merda pinchada nun pau (ou mesmo sen pinchar/espetar/kebapear) é difícil de todo. Por iso os métodos, que diríamos, de procura de traballo nunha sociedade anónima non funcionan. Aquí hai que usar os métodos galegos de toda a vida. Teño unha amiga que traballa nunha […]

A rotina fáiseme familiar xa na cidade

8 Xuño, 2010 (19:19) | Múnic |

Cando sae o sol nesta cidade, e en todas, todo é ledicia e ruidoso movemento no ambiente. Nesta cidade que é toda chaira e ten apenas catro costas saen longas pernas brancas de muller a pedalear na loureza extrema do mediodía. As xa afamadas e teutoas chinelas fanse acompañar non poucas veces de medias, ás […]

As Monxas en Bici

6 Xuño, 2010 (20:49) | Imaxes |

Xa sei… unha foto excesiva pero a sorpresa que me produciu ver tres monxas en bici, un calorosísimo domingo mentres paseaba co Fran por Regensburg tamén o foi. Tireilles todas as fotos que a miña timidez consentiu (esa mesma que provoca que non haxa moitas fotos neste blogue) e aínda así esta é a máis […]

A bici “nova”

1 Maio, 2010 (15:10) | Múnic |

Si compañeiros, sempre me gustou comezar as historias cun vocativo. Así como tal acabo de facer, machiños e rabudas! E cada vez que o fago non podo por máis que me lembrar desa  versión  en  español de The Final Countdown do grupo Europe (canción bandeira dos anos 80 con nome claramente evocador da mentalidade de […]