Bavaridade motorizada

28 Xuño, 2011 (09:45) | Imaxes

Algo que me chamou a atención é o patreoutismo dalgúns bávaros. Case desde o comezo mirei iconas e símbolos da súa identidade cultural pero nunca dei entendido que representan realmente porque poucos son os que queren un maior autogoberno e algúns máis pero tampouco moitos os que queren normalizar ou, cando menos, dignificar a imaxe do Bávaro. Iso si, bandeiras de Baviera e persoas vestidas á maneira tradicional
podes atopalas cada día nos lugares menos sospeitados. E dito isto, hei de recoñecer que este coche superou ostensiblemente as miñas espectativas neste campo de tal maneira que un que é guiri pero tamén tímido fotógrafo tivo que tirar da camara e retratar o momento para compartir co resto da humanida a miña sorpresa.

O piloto deste carro non debe quitar os Lederhose nin para durmir :)

**Quen teña o suficiente valor que clique na imaxe para ver ampliada. E tranquilos, non é unha foto actual, a data da foto e do frío mes de febreiro.