Breve apuntamento tecnolóxico

7 Agosto, 2010 (11:29) | Múnic

Despois duns meses en Baviera, non podo deixar de admirarme da súa superioridade de medios e tecnoloxías. Alén do metro, tema máis que tocado neste espazo, é algo sorprendente ver aos nenos de papá facendo o monas polas rúas do centro da cidade nos seus porches, audis e ferraris. Esa é unha das pequenas diferenzas entre Galiza e Múnic, aquí os flipaos dos coches teñen un certo nivel adquisitivo (polo menos os que me chaman a atención a min, claro) e fan o monas coas súas viaturas como se fosen os malotes de Carnota ghastando goma polas principais avenidas de Múnic.

Pero onde realmente se fai evidente a superioridade tecnolóxica deste pobo é no feito de que, por muitos anos que teña a aspiradora, cando vostede lle dá ao botón de recoller o cable. O cable recóllese todo. Ata o final!

Alucinante :) Non temos nada que facer. Será pola pouca humidade do aire?