Breve apuntamento de acoso e derribo a entidades intelixentes con capacidade de decisión en Baviera (posiblemente extrapolable ao resto de Alemaña)

13 Xullo, 2010 (20:33) | Sen clasificar

Este post vai ser totalmente excepcional pola súa brevidade. Case vai ser máis longo o título que o contido. Vai!

Pois iso, se algún día estades interesados en adentrarvos dunha maneira persoal na vida dun/ha bávaro/a seguide este meu consello:

A xente aquí non pide permiso aos pais para sacar aos fillos ao cinema, polo menos desde os 16 anos, e iso era por todos agardado pero o que non imaxinades é que aquí non lle preguntan á xente se Quere, ou lle apetece, ir contigo ao cinema. Vai daí! Demasiado compromiso. Polo que vou coñecendo, aquí a xente pregunta se tes tempo para ir con alguén ao cinema ou se tes plans para unha hora en concreto.

Desta maneira a resposta nunca é: non, non quero ir contigo ao cinema (póñase por caso) a resposta sempre é do máis educada: Non teño tempo, xa teño outros plans

E é que a xente nesta terra non se molla nin cando chove. Facédeme caso, que disto sei un cacho.