Tou mallao

18 Xuño, 2010 (00:26) | Sen clasificar

Conseguir traballo en Múnic cando o teu alemán é como unha merda pinchada nun pau (ou mesmo sen pinchar/espetar/kebapear) é difícil de todo. Por iso os métodos, que diríamos, de procura de traballo nunha sociedade anónima non funcionan. Aquí hai que usar os métodos galegos de toda a vida. Teño unha amiga que traballa nunha empresa que ten unha delegación en Múnic e mira… preguntando e falando por todas partes ata aquí cheguei. Teño un traballiño que non sabería dicir se está ben ou mal pagado. Son 10 euros a hora e a verdade é que co meu alemán… creo que non está mal.

O conto é que traballo ata estas horas, que na Galiza é unha putada pero en Múnic é case inimaxinable. Cando saio non hai nin metro e vou a miña media hora de bici solitaria pola cidade. É como se en Galiza fosen as 4 ou 5. O problema é ir ao día seguinte a clase, que me teño que erguer ás 8. Ata agora non era problema, porque me deitaba tarde pero sen rascala moito. Agora cámbiache o conto. E xa é o segundo xoves que fago a machada de ir a aulas pola mañá, aulas pola tarde e meterme no choio unhas horiñas desde as sete da tarde ata hai nada. Creo que estou suando a camisola. Pero sabendo que aquí se non falas alemán é miragre que traballes… estou realmente contento. E traballo só uns días á semana, segundo me vaian dicindo.

Por este motivo é polo que teño isto medio abandonado. Que sempre cheiro a ver cantas visitas ten o blogue ou se aparecen comentarios novos, pero agora mesmo me dá preguiza porme a contar historias. Iso si, teño unha moi boa na recamara. E é que o segurata do sitio onde traballo é un curriño e elegante romanés con pinta de turco duns 40 ou 45 anos que fala español. Divertido. O mellor é que en canto me coñeceu xa me explicou o motivo. Foi porteiro durante varios anos “nunha casa de putas” nunha estrada perto de Málaga. Algún día contarei esa historia fascinante e non pouco surrealista.

Paso p’a cama!