As Monxas en Bici

6 Xuño, 2010 (20:49) | Imaxes

Xa sei… unha foto excesiva pero a sorpresa que me produciu ver tres monxas en bici, un calorosísimo domingo mentres paseaba co Fran por Regensburg tamén o foi. Tireilles todas as fotos que a miña timidez consentiu (esa mesma que provoca que non haxa moitas fotos neste blogue) e aínda así esta é a máis decente. Porque en bici irán pero non son nada fotoxénicas. Mola o gordecho que vai detrás :)

Un dos maiores praceres da vida alemá é poder ir en bici a case todas partes. Iso si, noto a falta da necesaria ducha no baño de todos os sitios aos que chegas tremendamente suado. Iso xa sería óptimo pero isto é Baviera, non o Paraíso.