Novo na cidade

10 Marzo, 2010 (12:57) | Sen clasificar

Este vai ser ese lugar onde comentarei as cousas raras do alemáns estes do meu redor e tamén das cousas normais que para nós son raras, ou as cousas normais que polo menos para min me parecen raras.

Xa para comezar o descubrimento do seu sentimento bávaro.  Baviera é diferente ao resto de Alemaña. As tabernas bávaras ofrecen comidas ricas e cervexas tipo Weissbier por todas partes e van adobiadas, polo xeral, con abondosa simboloxía bávara. Con fotos do derradeiro rei de baviera, con bandeiras brancas e azuis por todas partes… e unha iluminación característica.