Category: Sen clasificar

E ollo cos tópicos

6 Outubro, 2010 (12:21) | Sen clasificar |

O meu consello: por moito que creas nos tópicos non tes porque ir por aí pregoándoos. Os tópicos, ou estereotipos, son aqueles coñecementos que máis se parecen a lercheo dentro do que consideramos sabedoría humana. Onte mentres saía dun deses bares da perdición que temos no mundo unha amiga parou a falar cunha fermosa rubia. […]

Ser un giri no teu país

19 Setembro, 2010 (11:33) | Sen clasificar |

Pois ás veces custa imaxinalo pero cando falas nun idioma que non é oficial no estado que che dá os papeis pode suceder que sexas un giri no teu propio país. Cando saquei o carné de conducir, hai anos, tivera unha alegría que pronto se convertera en desilusión. A primeira fora: O exame vén impreso […]

os alemans e a súa fachenda

9 Agosto, 2010 (00:00) | Sen clasificar |

Nesta xornada resacosa dominical, e baixo unha boicotadora actividade meteorolóxica non agardada ata a noite (a chuva desta tarde) o Fran dixo algo que eu levo pensando xa unhas semanas. O escándalo polo das mortes da Loveparade non fai máis que destapar algo que está aí pero ninguén fala sobre el. Os alemáns son tan […]

Breve apuntamento de acoso e derribo a entidades intelixentes con capacidade de decisión en Baviera (posiblemente extrapolable ao resto de Alemaña)

13 Xullo, 2010 (20:33) | Sen clasificar |

Este post vai ser totalmente excepcional pola súa brevidade. Case vai ser máis longo o título que o contido. Vai! Pois iso, se algún día estades interesados en adentrarvos dunha maneira persoal na vida dun/ha bávaro/a seguide este meu consello: A xente aquí non pide permiso aos pais para sacar aos fillos ao cinema, polo […]

O España – Alemaña

10 Xullo, 2010 (13:16) | Sen clasificar |

Pois por coñitas da vida andábavos eu por terras patrias, isto é da Galiza, cando foi o morboso España – Alemaña. Recoñezo que a min o fútbol dame bastante igual. Nesta ocasión tiven a posibilidade de contemplar o ambiente futboleiro na Galiza e en Baviera e hei de dicir que aínda que as bandeiras españolas […]

Tou mallao

18 Xuño, 2010 (00:26) | Sen clasificar |

Conseguir traballo en Múnic cando o teu alemán é como unha merda pinchada nun pau (ou mesmo sen pinchar/espetar/kebapear) é difícil de todo. Por iso os métodos, que diríamos, de procura de traballo nunha sociedade anónima non funcionan. Aquí hai que usar os métodos galegos de toda a vida. Teño unha amiga que traballa nunha […]

Novo deseño por petición popular

12 Xuño, 2010 (08:10) | Sen clasificar |

Visto que é un esforzo visual extra para a xentiña que me le que eu manteña as letras brancas sobre fondo negro onte estiven mirando diferentes deseños alternativos para tentar demostrar que en Múnic son un giri e a maior parte das veces que me falan non me decato de nada pero cando a xente […]

Dimitiu o presidente… (?)

3 Xuño, 2010 (08:31) | Sen clasificar |

Uau, pois si que debo ser un giri e non debo de enterarme de nada porque creo que vivo nun país onde se o presidente a caga dimite. Seguro que me equivoco en algo pero mentres non atopo onde sigo flipando. De todos xeitos, onte fun a Dachau e non me quedou o corpo mui […]

Vale a penar ficar de olho nesse blog!

1 Xuño, 2010 (20:57) | Sen clasificar |

Cando daba a impresión de que non quedaban ánimos para Memes (a ver quen é o ghuapo que me conta de onde se tirou esta palabra e que significa exactamente) no eido blogueiro chega o convite de Ningures para que me some e recomende algún blogue que eu siga habitualmente. Hai uns anos isto era […]

Novo na cidade

10 Marzo, 2010 (12:57) | Sen clasificar |

Este vai ser ese lugar onde comentarei as cousas raras do alemáns estes do meu redor e tamén das cousas normais que para nós son raras, ou as cousas normais que polo menos para min me parecen raras. Xa para comezar o descubrimento do seu sentimento bávaro.  Baviera é diferente ao resto de Alemaña. As […]