Category: Múnic

A rotina fáiseme familiar xa na cidade

8 Xuño, 2010 (19:19) | Múnic |

Cando sae o sol nesta cidade, e en todas, todo é ledicia e ruidoso movemento no ambiente. Nesta cidade que é toda chaira e ten apenas catro costas saen longas pernas brancas de muller a pedalear na loureza extrema do mediodía. As xa afamadas e teutoas chinelas fanse acompañar non poucas veces de medias, ás […]

Unha visita a Rothenburg ob der Taube

2 Xuño, 2010 (12:25) | Múnic |

De maneira temeraria e case organizado a última hora un grupiño integrado por giris de diferentes procedencias quedamos para xuntarnos na Hauptbahnhof (palabra importantísima en alemán que significa estación central) de Múnic ás 7:00 da mañá. O meu espirito preguiceiro asentiu sen terminar de crelo de todo. E a iso das 7:15 andaba pola estación. […]

Unha ponliña de florida xesta

31 Maio, 2010 (10:27) | Múnic |

Unha das cousas que mais morriñento me volven desde que cheguei a aquí son as diversas flores humildes e silvestres do noso país. Esas que aquí non asoman por parte ningunha. Case teño morriña até dos orcalitos con tanta árbore caducifolia por estes lares. Pero para min as miñas preferidas son aquelas que se atopan […]

As visitas

30 Maio, 2010 (18:46) | Múnic |

Pois si, unha das cousas máis difíciles á hora de ser un giri son as visitas esixentes. Desde que cheguei a esta parte do mundo tiven un par de visitas do Castiñeira que como é habitante dun lugar ben próximo e desde hai máis tempo ca min e polo tanto case fai el de anfitrión […]

A noite da ascensión

13 Maio, 2010 (16:17) | Múnic |

Otero Pedrayo definira nalgún punto da súa extensa prosa o día da Ascensión na cidade de Compostela como aquelas misas alegres de primavera. Nunha rápida pincelada sobre a vida santiaguesa que tanto el coma min gostabamos. As festas máis tradicionais de Compostela son a Ascensión e o Día da Patria Galega con cadansúa gornición de […]

A bici “nova”

1 Maio, 2010 (15:10) | Múnic |

Si compañeiros, sempre me gustou comezar as historias cun vocativo. Así como tal acabo de facer, machiños e rabudas! E cada vez que o fago non podo por máis que me lembrar desa  versión  en  español de The Final Countdown do grupo Europe (canción bandeira dos anos 80 con nome claramente evocador da mentalidade de […]

A asiatización dos alemáns

26 Abril, 2010 (15:24) | Múnic |

Desde que cheguei a maior parte do trato que teño é con xente que vive na Alemaña pero non son alemáns. Algo ao que un aborixe galego en Compostela non está de todo afeito. Paseo con giris coma min e os alemáns asoman ocasionalmente nas nosas vidas. Non somos alemáns e ás veces parecemos astronautas […]

O metro, as multitudes e desafíos á lei da impenetrabilidade dos corpos

21 Abril, 2010 (22:02) | Múnic |

Sábado en München.  Os aeroportos están fechados polo anecdótico ataque de hiperprotección dos avións que lle deu ás autoridades competentes e obrigaron a que todos aqueles intelectuais que tiñan pensado pasar a finde en Mallorca teñan que quedar en Múnic.  Marabilloso día de sol  e dúas actividades captan a atención do público en xeral:  A […]

O metro muniqués

13 Abril, 2010 (15:24) | Múnic |

Nunca debería esquecer que son un giri. Xa levo un tempiño na cidade e xa podo dicir algunhas cousas (non moitas) en alemán e mesmo teño rutinas máis que estabelecidas.  A rutina máis segura que teño é a do uso da liña que emprego sempre no metro (U-bahn). Ademais, hai horas do día en que […]

Desmontando algún mito

31 Marzo, 2010 (16:36) | Múnic |

Xa sei. Os alemáns teñen sona de fríos e distantes ao tempo que serios e bos traballadores. Case a mesma sona que os galegos, non é? Pois aínda que non o podo desmentir como norma xeral si que podo apuntar o acontecemento máis pataqueiro que vivín na miña vida: O día que abrín na caixa […]